Axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores

Publicado o 10 de Agosto de 2010

O prazo para presentar as axudas para a reducción da xornada laboral e conciliación da vida familiar poderán remata o 31 de agosto de 2010

As axudas, na modalidade de pagamento único, serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2009 e ata o 31 de agosto de 2010, se atopen ou atopasen no momento da solicitude nunha situación de redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos, ou ben, mesmo superando esa idade, que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33% e sexa menor de 12 anos.
 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta resolución:

  • Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 2 desta resolución.
  • Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada a que se alude no artigo 2 desta resolución.


En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.


Requisitos

Para poder acollerse ás axudas previstas nesta resolución deberán cumprirse os seguintes requisitos:
 

  • As persoas que desexen solicitar a axuda económica regulada nesta resolución deberán estar inscritas no padrón de calquera municipio dos integrados no territorio da Comunidade Autónoma galega, polo menos cun ano de antelación á presentación da solicitude de subvención.
  • No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballadora por conta allea ou ben autónoma e manter esa situación durante todo o período subvencionado.
  • Que na data da solicitude o/a fillo/a conviva coa persoa solicitante.
  • Que o período solicitado non coincida co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.


Contía das axudas

A contía desta axuda concederase a través dun pagamento único e estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de oito meses. Deste xeito, as contías son as seguintes:


1. Cando a redución de xornada sexa de ata o 15% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de oito meses:

    - 2.400 euros se é o/a primeiro/a fillo/a.
    - 2.700 euros se é o/a segundo/a fillo/a ou se son xemelgos/as.
    - 3.000 euros se é o/a terceiro/a fillo/a ou se son trixemelgos/as.

2. Cando a redución de xornada sexa superior ao 15% e ata o 33,33% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de oito meses:

    - 2.700 euros se é o/a primeiro/a fillo/a.
    - 3.000 euros se é o/a segundo/a fillo/a ou se son xemelgos/as.
    - 3.300 euros se é o/a terceiro/a fillo/a ou se son trixemelgos/as.

3. Cando a redución de xornada sexa superior ao 33,33% e ata o 50% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de oito meses:

    - 3.000 euros se é o/a primeiro/a fillo/a.
    - 3.300 euros se é o/a segundo/a fillo/a ou se son xemelgos/as.
    - 3.600 euros se é o/a terceiro/a fillo/a ou se son trixemelgos/as.

Máis información no D.O.G.
 
Prazo de presentación
 
As solicitudes de axuda á redución de xornada poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de agosto de 2010.

Formulario de petición da axuda