Inserción Laboral

Os obxectivos do Servizo de Inserción Laboral en promover o emprego e o apoio á creación de novos postos de traballo. Esta é unha das prioridades do Concello de Narón.

Co desenvolvemento de programas de formación e orientación laboral preténdese integrar ás mulleres de Narón no mercado laboral, mediante programas formativos, asesoramento empresarial, subvencións, etc.

O Concello de Narón traballa para mellorar a formación, a educación non regulada, a orientación e inserción profesional, o apoio ás empresas e o fomento do emprego, atendendo especialmente aos colectivos con especiais dificultades no seu acceso ao mercado de traballo.

OBXECTIVOS

  • Combater a discriminación entre homes e mulleres.
  • Conciliar a vida familiar coa formación persoal facilitando a incorporación das mulleres ao mercado de traballo.
  • Desenvolver habilidades que favorezan a súa autonomía.

LUGAR DE UTILIZACIÓN

 Servizo Sociocomunitario Telefono: 981 33 77 00 ext.1108