Presentación

concellería de Igualdade do Concello de Narón ten como misión promover as condicións para que a igualdade entre mulleres e homes de Narón, sexa real e efectiva, facendo posible a participación e presenza das mulleres na vida política, cultural e social, e superando calquera discriminación laboral, cultural, económica ou política.

Imaxe
Servizos e recursos

Para logralo, un dos instrumentos máis eficaces, é o coñecemento por parte da poboación, así como das e dos profesionais implicadas/os en este ámbito, de todos os servizos e recursos dispoñibles ao seu alcance. 

Con esta finalidade preséntase esta páxina web, xa que desde este organismo considérase unha prioridade o facer cada día máis accesibles os servizos e recursos á cidadanía, a través da súa difusión, non só á poboación en xeral, senón con maior énfase ás e os profesionais implicadas/os no ámbito da Igualdade. 

 Para facilitar as procuras dos diferentes recursos preséntase un índice temático completo dividido por servizos:

  • Servizos especializados
  • Campañas de sensibilización
  • Áreas