PIM

A igualdade en Narón

Durante séculos, as mulleres loitaron porque se lles recoñecera dereitos humanos que os homes desfrutaban desde moito antes. Nas últimas décadas, nas sociedades occidentais, os avances no recoñecemento da igualdade de mulleres e homes foros máis rápidos que nunca. Hoxe en Galicia xa non se discute a igualdade de dereitos que as leis recoñecen.

Imaxe PIM

Non se discute a teoría, pero aínda custa exercer algúns dereitos na práctica. Xa non o do voto, ou o de poder tomar decisións por un mesma, posiblemente ningún teña que ver con decisións individuais, pero existen aínda problemas. Un dos máis evidentes é o da igualdade.

Concello de Narón ven traballando dende hai anos na mellora dos servizos públicos. Nun marco legal que consagra a igualdade para mulleres e homes, o Plan de Igualdade para as mulleres de Narón que conta o noso municipio pretende artellar servizos e recursos para que as desigualdades desaparezan en todos os ámbitos da vida: no social, no cultural, na formación, no mundo do traballo e a empresa...

Plan de Igualdade para as mulleres de Narón é unha ferramenta política que permitirá, a medida que se vai desenvolvendo, fomentar medidas específicas que permitan ás mulleres a súa participación como cidadás con plenos dereitos na vida social, económica e política deste concello.

É un paso máis do Concello de Narón no seu esforzo diario por mellorar a calidade de vida da cidadanía, por desenvolver unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Descarga os diferentes Plans de Igualdade do Concello de Narón: