Mar Gómez CasalDende a área de Igualdade do Concello de Narón continuaremos traballando, ao igual que viñemos facendo nos últimos anos, na igualdade de xénero.

A través de programas e plans municipais xa en marcha, como o “II Plan de Igualdade de Narón”, de recursos económicos e humáns e de campañas de comunicación inclusiva, formación e información dirixidas á cidadanía en xeral seguiremos apostando por concienciar sobre a importancia de que os homes e mulleres alcancen esa tan necesaria igualdade real en tódolos ámbitos da nosa sociedade. Na actualidade estase perfilando o que será o “III Plan de Igualdade de Narón”, un documento que terá en consideración os dous anteriores e incluirá novas propostas encamiñadas a adaptarse aos tempos e necesidades actuais.

A incorporación de perspectivas de xénero nas políticas municipais é primordial para alcanzar ese obxectivo, o da igualdade, sobre o que continuamos avanzando coa implantación de novas medidas e reforzando os programas en marcha impulsados dende a administración local.

Mar Gómez Casal
 Concelleira de Igualdade