Citas

  • "O mundo non pode permitir a perda dos talentos da metade das persoas, se estamos aquí para resolver a multitude de problemas que nos preocupan"

Rosalyn Yalow, primeira muller norteamericana e primeira muller xudia en recibir un Premio Nobel de Ciencia e, tamén, a segunda muller que o recibiu en Medicina.

  • "Arríscate!, Arríscate a todo!, Non te preocupes do que pensen os demais, desas voces. Fai o que se che antolle máis difícil. Actua por ti mesma. Enfróntate coa verdade".

Katherine Mansfield (1888-1923).

  • "O primeiro problema que temos todos, homes e mulleres, non é aprender senón desaprender"

Gloria Steinem, escritora e activista política estadounidense (1934).

  • "A feminización da pobreza é un feito. A falla de oportunidades de emprego acordes á formación, outro. O acoso e, cando cabe, a violencia, outro máis. Todo elo para un colectivo que o único diferente visible parece ser o non ter previsto nacer con outro sexo"

Amelia Valcárcel, presidenta da Asociación Española de Filosofía María Zambrano.

  • "Cada muller teno dereito autoproclamado a ter dereitos, recursos e condicións para desenvolverse e vivir. Cada muller ten dereito a vivir en liberdade e a gozar da vida"

Marcela Lagarde, antropóloga e feminista, catedrática na Universidade Nacional Autónoma de México, leva máis de trinta anos loitando pola causa das mulleres; provén do Partido Comunista Mexicano.

  • "O elemento máis violento na sociedade é a ignorancia"

Emma Goldman, célebre anarquista de orixe italiano coñecida polos seus escritos e os seus manifestos radicais, libertarios e feministas, foi unha das pioneiras na loita pola emancipación da muller.

  • "Unha muller que non se gusta a si mesma non pode ser libre, e o sistema preocupouse de que as mulleres non cheguen a gustarse nunca"

Beatriz Gimeno Reinoso, dende moi nova estivo vinculada ao movemento asociativo; primeiro ao movemento feminista e posteriormente ao movemento gai-lésbico, do que chegou a ser unha das súas máximas dirixentes como presidenta da Federación Estatal de Lesbianas, Gais e Transexuais.

  • "Calquera que sexan os obstáculos que vos poñan, podedes superalos, só abonda con que o desexedes"

Olimpe de Gouges, muller que foi guillotinada en 1793 pola súa militancia política e por non obedecer as normas sociais sobre o que debía ser a súa actividade como muller.