Xornadas de coñecemento Woman in Business

Publicado o 12 de Maio de 2010

As xornadas Woman in Business, queren ser un espazo de encontro entre os homes e as mulleres do tecido empresarial galego

O acto celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova (Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela o día 20 de maio.

As xornadas Woman in Business, queren ser un espazo de encontro entre os homes e as mulleres do tecido empresarial galego, para compartir coñecementos e reflexións sobre cómo as mulleres aportan á evolución do sistema empresarial cara a organización con visións integrais que busquen aportar valor e marcar a diferenza a través dun comportamento xusto e armónico co entorno onde se desenvolve a súa función empresarial.

Programa da xornada

Benvida e apertura institucional
9.30 a.m. Mesa institucional

Conferencia inicial:
10 a.m. Marta Romo: O Talento Feminino na Empresa.
Descrición da relatora: especialista en Xénero. Autora de libros e conferenciante a nivel nacional.

12.00 a.m. Eva López-David Rodeira: O emprendimiento feminino en Terras Galegas.
Descrición do/a relator/a: responsable do programa woman Emprende. USC /Investigador en Emprendimiento Feminino en Galicia. USC

12.45 a.m. Mesa Redonda: Mulleres que xeraron movementos sociais evolutivos en Galicia a través de alianzas.
Milagres López Fidalgo. Representante da Asociación de Mulleres Empresarias de Ourense.
Mariló Conde. Xerente de YVES ROCHER Galicia

2 p.m. Pausa comida

3.30 p.m. Ma. Eugenia Fernandes / Ángela Liste: Mulleres Con Marca Persoal. Unha visión holística.
Descrición da relatora: especialista en Comunicación e Estratexia. Autora de artigos e conferenciante internacional. / Especialista en Imaxe e Saúde, asesora de mulleres empresarias.

4.30 p.m. Mesa Redonda: Mulleres Empresarias Galegas. Mulleres con Propósito: Responsabilidades e Retos.
Cristina Fernández-Armesto. Xerente Xeral de Casa Grande Xanceda
Inmaculada Rodríguez Cuervo. Primeira muller vicepresidente do Parlamento Galego e directora de MRF.

Conferencia de peche:
5.30 p.m.
A evolución feminina no século 21: O Rol da Muller na empresa e a súa contorna.
Relator Internacional: Silvia Salinas.
Descrición da relatora: psicóloga gestáltica con recoñecida experiencia internacional, autora de libros de psicoloxía e conferenciante internacional. O seu último libro "A Lección das Deusas" expón o rol que ten a muller nos procesos de cambios a través do uso da rede de sabedoría existente entre as mulleres.