O 8 de marzo é o día Internacional da muller: orixes e motivos para a celebración deste día

Publicado o 08 de Marzo de 2010

A decisión de converter esta celebración nunha festividade internacional correu a cargo de Clara Zetkin (1857-1933), líder do movemento alemán de mulleres socialistas

Pero a proposta presentada por Clara Zetkin na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague os días 26 e 27 de agosto de 1910, para organizar a celebración dun Día Internacional da Muller non era moi orixinal. Tiña un antecedente no que inspirarse, o Women's Day que as socialistas estadounidenses levaban celebrando dende 1908, a finalidade era a reivindicación do dereito ao voto para as mulleres.

O Partido Socialista Americano designou o último domingo do mes de febreiro, día 28 de 1909, como Woman's Day, para reivindicar o dereito das mulleres ao sufraxio. Ata o 1920 no foi aprobada a Decimonovena Enmenda da Constitución Estadounidense pola que se outorgaba ás mulleres o dereito ao sufraxio.

mujeresDía Internacional da Muller, que ten as súas orixes indiscutiblemente no movemento internacional de mulleres socialistas de finais do século XIX, tiña como finalidade exclusiva promover a loita polo dereito ao voto da muller, sen ningún tipo de restricción baseada no nivel de riqueza, propiedades ou educación.

primeira celebración do Día Internacional da Muller produciuse o 19 de marzo de 1911, e foi seguida en Austria, Alemaña, Dinamarca e Suecia.  Nos primeiros anos, o Día Internacional da Muller festexábase en datas diferentes segundo os países. Pero en 1914, a proposta das alemanas, o Día Internacional dea Muller conmemorouse por primeira vez o 8 de marzo en Alemaña, Suecia e Rusia. A única autora que se aventura a dar unha explicación sobre a escolla desta data é Renée Côté, quen só apunta como posibilidade o feito de que o mes de marzo estaba cargado de contido revolucionario, pero sen dar ningún argumento sólido sobre por que ese día en particular e non outro.

Tamén a Revolución Rusa de 1917 tivo unha grande influencia a todos os niveis no Día Internacional da Muller. Anque o 8 de marzo levábase celebrando en Rusia dende 1914, no ano 1917 as mulleres rusas amotináronse ante a falla de alimentos, dando inicio ao proceso revolucionario que acabaría no mes de outubro dese mesmo ano. Os acontecimentos do 8 de marzo de 1917 (23 de febreiro no seu calendario) son importantes, non só porque deron orixe á revolución e porque foron protagonizados por mulleres, senón porque, segundo todo parece apuntar, eses sucesos foron os que fixeron que o Día Internacional da Muller pasárase a celebrar sen máis cambios ata a actualidade o 8 de Marzo.

As Nacións Unidas, con ocasión da celebración en 1975 del Año Internacional da Muller, ofreceu unha versión dos feitos que conduciron ao nacemento do Día Internacional da Muller. Segundo Ana Isabel Álvarez, é moi interesante resaltar que nese breve informe siléncianse de xeito absoluto os sucesos vividos en Rusia en 1917 que precisamente foron os que farían do 8 de marzo o día escollido para celebrar o Día Internacional da Muller:


"O Día Internacional da Muller foi proposto por primeira vez por Clara Zetkin, unha representante da Conferencia de Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague en 1910. A proposta chegou ao comezo dun período de grande transformación social e política no mundo. Europa estaba ao borde da Guerra Mundial, os imperios coloniais de Asia e África estaban sufrindo as primeiras conmocións da revolta nacionalista, e en Norteamérica, o movemento polo sufraxio feminino estaba cuestionando algunhas das presuncións das relacións humanas. A chamada de Clara Zetkin ás mulleres para xuntar a súa loita pola igualdade de dereitos coa loita por preservar a paz mundial topou cun coro sensible. Cando se conmemorou o primeiro Día Internacional da Muller en 1911, máis dun millón de mulleres participou publicamente nel. Ademais do dereito ao voto e a ocupar cargos públicos, demandaban o dereito a traballar, á ensinanza vocacional e o fin da discriminación no traballo".

Declarado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas.