Inagurado na praza da Gándara do municipio de Narón o Monumento á Muller

Publicado o 17 de Febreiro de 2010

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, descubriron hoxe a escultura instalada na Praza de Gándara e creada para homenaxear á Muller

A inauguración levouse a cabo na mañá de hoxe, coincidindo coa conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

A citada escultura está instalada nunha pequena praza ubicada á súa vez na Praza da Gándara, e o seu creador é o artista catalán David Pérez Marín, hoxe presente no acto. Trátase dunha figura coa que poden identificarse tódalas féminas de Narón dada a súa forma simbólica e xenérica.

A Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, deu lectura á Declaración Institucional en conmemoración do Dia Internacional da Muller Traballadora e a Declaración de Cádiz. Este manifesto foi aprobado por unanimidade no Pleno do Concello de Narón, e recolle o compromiso da Corporación Municipal de promover unha participación equilibrada dos homes e mulleres en tódolos ámbitos da sociedade, e fomentar accións de corresponsabilidade no eido doméstico. Tamén inclúe a adhesión á Declaración de Cádiz para unha sociedade máis sostible e insta á Xunta a elaborar un Plan de Emprego para as mulleres, ademáis de promover accións para eliminar a violencia de xénero.

Monumento Grande O acto concluíu cunhas verbas do Alcalde de   Narón, José Manuel Blanco, quen lembrou que “esta   declaración institucional reflexa o que pensamos no   Concello de Narón sobre as políticas de igualdade”. O   rexedor foi máis lonxe ó lembrar a loita das mulleres   pola igualdade no mundo laboral, e citou ás mulleres   dos traballadores dos asteleiros públicos da antiga   Astano e Bazán “que axudaron moito na defensa dos   postos de traballo dos seus maridos”; sinalou Jose Manuel Blanco dous días antes da conmemoración do 10 de Marzo. O primeiro edil tamén tivo un recordo para as primeiras mulleres que se integraron na política unha vez instaurada a Democracia, encabezando as listas electorais no ano 1979 e abrindo camiño ás súas sucesoras.

No acto de hoxe tamén participaron representantes dos grupos políticos do Concello de Narón e membros do movemento veciñal naronés.