Guía PaFic

Publicado o 04 de Maio de 2010

A guía PaFic pretende crear un clima onde se incrementen as oportunidades para a práctica de actividades físico-deportivas das mozas e se lle preste o apoio social adecuado.

PaFic é unha guía para a intervención educativa no marco escolar que ten como finalidade promover a igualdade de oportunidades na práctica de actividades físico-deportivas realizadas polas mozas e mozos xoves, así como na Educación Física Escolar.

Para logralo, aínda que se dirixe a ambos sexos, a intervención presta unha especial atención ao colectivo feminino, dada a súa situación de desvantaxe respecto á súa implicación nas actividades físicas e no deporte.

O obxectivo último desta guía é que a actividade física se convirta nunha opción atractiva para as mozas, que poidan ser incorporadas de forma realista e sinxela no seu estilo de vida.

Descargar Guía PaFic