Cea das Mulleres

Publicado o 29 de Febreiro de 2012

A Concellería de Igualdade abre o prazo para adquirir as entradas da Cea das Mulleres, que se celebra o dia 9 de marzo no restaurante Casa Becerra

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abriu o prazo para adquirir as entradas para a Cea das Mulleres, que se celebrará con motivo do Día Internacional das Mulleres.

A Cea das Mulleres terá lugar o venres 9 de marzo ás 21:30 horas, no restaurante Casa Becerra, e o prezo das entradas é de 23€. Os tiquets poderán adquirirse tansó durante esta semana, ata o día 2 de marzo (inclusive).

As interesadas deberán acudir ó Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) para adquirir as súas entradas, ou informarse telefónicamente no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113).

O Concello porá á venta aproximadamente 200 entradas. O menú da cea estará formado por entrantes, lacón asado con champiñóns e ensalada, postre, viños, cafés, augas e licores. Ademáis, a velada estará amenizada musicalmente.