Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

Publicado o 27 de Abril de 2010

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia fai publica a resolución do 26 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, que ten por obxecto establecer as bases que rexerán a concesión de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, baixo o réxime de non concorrencia e tendo en conta en todo caso os principios recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obxecto

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, condicións que lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.

Beneficiarias

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou seren estes de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor

Nota: non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta axuda con anterioridade.

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 1 de abril e rematará o 31 de outubro de 2010.

A solicitude da axuda presentarase segundo o modelo do anexo I desta resolución, asinado pola solicitante.

As solicitudes, xunto coa documentación, dirixiranse á Secretaría Xeral da Igualdade e presentaranse a través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Observacións

En caso de dúbida ou necesidade de máis información relativa á solicitude ou á súa tramitación poderán obter máis información na documentación anexa ou ben dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través do enderezo de correo electrónico igualdade@xunta.es ou do teléfono
900 400 273.