Promoción da Saúde
Gozar de saúde esixe que poñamos algo da nosa parte en todos os ámbitos da nosa vida.Debemos aprender a coidarnos dende mozas e mozos para así disfrutar do noso tempo libre dunha maneira saudable e beneficiarnos da nosa boa saúde.
Ademais dunha alimentación saudable baseada nunha dieta equilibrada, tamén é necesario practicar unha sexualidade sá e un ocio libre de drogas.
Nesta sección atoparás diferentes recursos e informacións de interese para asesorarte e poñerte a punto no camiño da saúde.
No noso Concello atopará tres centros de saúde:
- Centro de Saúde de Narón. Rúa Vintecinco de Xullo, S/N. Teléfono 981385860
- Centro de Saúde do Val. Rúa Vilacornelle, S/N. Teléfono 981363166
- Centro de Saúde de Pedroso. Rúa A Torre, S/N. 981368449
SEXUALIDADE
A forma de vivir a sexualidade vai influir na túa saúde e a das/dos demais, polo tanto se decides ter prácticas sexuais é bo que te asesores e orientes para vivir unha sexualidade responsable na que poidas decidir por ti mesma/o sobre as túas condutas dunha maneira sá.
- A nivel municipal
O Concello de Narón organiza todos os anos obradoiros de educación afectivo sexual en colaboración cos centros educativos para que poidas ter información de primeira man de profesionais e expertos sobre o tema. Aproveita eses obradoiros e pregunta as túas dúbidas.
No I.E.S As Telleiras existe unha oficina de asesoramento afectivo sexual para mozas e mozos coma ti que poden informarse e solucionar as súas dúbidas todos os martes no 1º recreo (10:10 a 10:30)
Tamén na oficina de información xuvenil podes asesorarte en materia de sexualidade e ter información das diferentes campañas informativas promovidas por diferentes órganos públicos.
- A nivel autonómico
A rede de centros QUÉROTE constitúe unha rede de centros de asesoramento afectivo-sexual que teñen por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais. Estes servizos son gratuítos e poderás consultar as túas dúbidas por correo electrónico, teléfono ou de maneira presencial.
- As túas consultas teléfonicas podes realizalas no teléfono 902 141 617
- As túas consultas online podes facelas na seguinte ligazón
- E tamén te podes poñer en contacto co Centro a través do correo info@querote.org
O centro Quérote máis próximo a Narón está no concello de Ferrol no seguinte enderezo:
Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Ferrol
Rúa Santa Comba, 61
15404 Ferrol
Teléfono: 981 317 027
Os centros de planificación familiar proporcionan servizos xerais sobre anticoncepción, saúde afectivo-sexual, interrupción voluntaria da xestación, relacións de parella, píldora postcoital, problemas de esterilidade, etc. Poden acceder a eless todas as persoas que residen no concello ou concellos próximos.
O centro centro de planificación familiar máis próximo está no seguinte enderezo:
Centro de Saúde Fontenla-Maristany
Praza de España 19. 15403 Ferrol, A Coruña
Teléfono: 981 33 66 36
- Outros centros
O Centro Joven de Anticoncepción y Sexualidad ten como obxectivo ofrecer información, orientación e asesoramento a través de consultas realizadas sobre temas relacionados coa sexualidade, co fin último de evitar condutas de risco. Ofrecen información e asesoramento sobre aticonceptivos, ETS, anticoncepción de emerxenci... As consultas telefónicas son anónimas e confidenciais.
Horario de atención telefónica: podes chamar dende calquera punto de Galicia ao 881 91 68 69, de luns a vernes de 10 a 14 horas (para mozas e mozos galegos), e as fins de semana (dende calquera punto do Estado) ao 608 10 23 13, de 10 a 22 horas.
Correo electrónico: centroxove@yahoo.es
O Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción "ALECRÍN" é un centro de atención específico á mocidade que ten como finalidade atender as necesidades e demandas en relación coa saúde afectiva e sexual.
Está na rúa Lugo, 2, 1º (esquina Dr. Cadoval). 36201-VIGO. Teléfono 986 44 32 43
O Colectivo Gai de Compostela está na rúa Entremuros, 16, baixo. Santiago de Compostela. Teléfono 660 94 34 47. Correo electrónico: gaicompos@hotmail.com
O BO.GA. Colectivo de Lesbianas de Galicia encontraralo no apartado de correos 2169. Teléfono 666 68 11 12 e correo electrónico: lesbicompos@hotmail.com
ACTIVIDADE FÍSICA
O exercicio é un complemento esencial da dieta saudable para promover a saúde. De feito, unha das causas da obesidade é o sedentarismo. Se unha alimentación xa de seu excesiva en calorías, non vai acompañada dun exercicio físico que axude a consumilas, transformarase en graxas que provocarán sobrepeso e problemas de saúde.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) fai fincapé en que a alimentación e a actividade física inflúen na saúde xa sexa de xeito combinado, ou cada unha por separado. Así mesmo recomenda que se practique exercicio de forma regular e a calquera idade, porque nunca é tarde para empezar a facer actividade física.
É importante que cada un elixa aquela actividade que máis se poida adaptar ás súas preferencias e características individuais, aínda que un consello de carácter xeral podería ser realizar 30 minutos de exercicio moderado, como camiñar a paso lixeiro todos e cada un dos días da semana.
Na seguinte ligazón encontrarás información da oferta deportiva do Padroado de deportes do Concello de Narón.
DROGODEPENDENCIAS
Á hora de informarse sobre o mundo das drogas, podemos facelo de moitos xeitos pero sempre debe facerse da man dun profesional que saiba proporcionarnos o asesoramento necesario para tomar decisións intelixentes ante calquera desafío que se nos presente.
Nestas páxinas atoparás información de espazos de interese que che poden axudar á hora de informarte sobre a túa saúde ante as drogas.
A NIVEL MUNICIPAL
Estanse realizando en colaboración cos centros educativos de Narón, obradoiros de educación para a saúde nos que se aborda a prevención de drogodependencias e o Concello de Narón conta cun Servizo Sociocomunitario (1ª planta do concello) onde diversos profesionais, educadores, traballadores sociais, pedagogos..) poden informarte das dúbidas que poidas ter e daqueles centros especializados onde asesorarte.
A NIVEL AUTONÓMICO
Existe unha rede de centros de drogodependencias dependentes do SERGAS, dirixidos a realizar actividades de prevención e a proporcionar tratamento das dependencias nas súas fases de desintoxicación, deshabituación e integración social.
Unidades de atención ao drogodependente na provincia da Coruña.
Máis información en www.sergas.es
A NIVEL ESTATAL
Son moitas as campañas de prevención de drogodependencias realizadas dende o Ministerio de Sanidade. Bótalle un ollo a esta ligazón e saca as túas propias conclusións.
Outras páxinas de interese
Plan Nacional sobre Drogas (Ministerio de Sanidade)
Ministerio de Sanidade que ofrece información sobre prevención do consumo de alcohol en mozos e as diferentes campañas informativas levadas a cabo.
Energy Control información sobre drogas e riscos
Metrópoli información sobre drogas
NUTRICIÓN
Unha boa alimentación vai repercutir de xeito salientable no noso organismo e polo tanto debemos aprender a comer dun xeito san para que o noso corpo non sufra posibles trastornos e podamos ter unha mellor calidade de vida.
A adolescencia é unha época na que se configuran e asentan moitos comportamentos futuros. Por iso, na adolescencia deben adoptarse hábitos que favorezan o gozo dunha vida coa mellor saúde na idade adulta.
A NIVEL MUNICIPAL
Estase traballando coa comunidade educativa e coas familias por medio dos talleres de alimentación saudable nos que podemos aprender a confeccionar menús saudables, a previr trastornos alimenticios e diferentes consellos proporcionados por profesionais que nos poden servir de gran axuda.
Programa "Concello Saudable": actividades que tratan de promover hábitos saudables na poboación. Abarcan diferentes accións de educación para a saúde para traballar nos máis diversos ámbitos.
Máis información: Servizo Sociocomunitario (Concello de Narón. Praza de Galicia nº1). Tlf: 981337700
A NIVEL AUTONÓMICO
A Consellería de Sanidade a través da su web de espazo saudable ofrece diferentes documentos e información sobre educación para a saúde: seguridade alimentaria, sanidade ambiental, estilos de vida saudables, condutas de risco para a saúde na mocidade, etc.
Máis información: www.sergas.es
A NIVEL ESTATAL
O Ministerio de Sanidade realiza diferentes accións e campañas que inciden no consumo de produtos alimenticios saudables.Nestas ligazóns encontrarás información de interese:
Axencia Española de Seguridade alimentaria e alimentación A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Alimentación (AESAN) é a institución clave no noso país para calquera asunto relacionado coa alimentación e a seguridade dos alimentos.
É un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Sanidade e Consumo e a súa misión consiste en protexer e promover a saúde pública, contribuíndo a que os alimentos destinados ao consumo humano sexan seguros e garantindo a súa calidade nutricional.
Organización mundial da Saúde
TRASTORNOS ALIMENTICIOS
Os trastornos nos comportamentos alimentarios, entre os que se inclúen a anorexia e a bulimia, constitúen un problema para a saúde, que xera preocupación na sociedade e nas administracións sanitarias.
Isto xustifica as actuacións que o Ministerio de Sanidade e Consumo están desenvolvendo e que responden tamén a iniciativas parlamentarias aprobadas no Congreso dos Deputados e no Senado.
Son alteracións graves do comportamento alimentario nos que ademais aparecen: alteracións na percepción da forma e imaxe corporal, influencia excesiva do peso e da silueta na autoevaluación e unha alteración na percepción do peso.
Existen varios tipos de TCA, os máis coñecidos son:
- Anorexia Nerviosa. É un trastorno grave no que aparece un desexo irrefreable e intenso de adelgazar, medo a engordar e un rexeitamento a manter un peso corporal igual ou por riba de límites saudables.
- Bulimia Nerviosa. É outro trastorno grave no que se dan dous compoñentes principais: por unha banda episodios de inxestión voraz de alimentos, que son vividos pola persoa que os sofre con angustia e como unha perda total de control sobre os propios impulsos. Por outra banda, aparecen condutas compensatorias inapropiadas e prexudiciais para a saúde, que se levan a cabo por crer que impiden gañar peso.
A anorexia e a bulimia son trastornos graves nos que non só aparecen o medo á gordura e os desexos de estar máis delgado, tamén se dan outras características como non gustarse a si mesmo e non aceptarse, illarse dos amigos e da familia e sufrir moitas consecuencias físicas perigosas para a saúde, entre outras.
Ademais, na actualidade están aparecendo tamén formas atípicas de desordes alimentarios que, sen cumprir os criterios de anorexia e bulimia, son igualmente moi perigosos e poden ser o paso previo para desenvolver un trastorno de alimentación.
As causas tanto da anorexia como da bulimia son múltiples e moi variadas e normalmente é difícil identificar en cada caso que foi o que precipitou o trastorno.
Máis información
Axencia española de seguridade alimentaria e alimentación
Asociación bulimia e anorexia da Coruña
Oficinas centrais da Asociación de anorexia e bulimia da Coruña
R/ Rubine nº 6-4º Iz
15004- A Coruña
Tel/ Fax: 981 160462
Correo electrónico: ASABAC@terra.es
Centro de día
ABAC-Fundación Doctor Vidal Ríos
Canceliña 1, baixo
15011 A Coruña
Tel.: 981 239 141
Fax: 981 237 578
Horarios de información: de 17:00h. a 20:00h.
Teléfono de urxencias: 618 331 096
Asociación de anorexia e de bulimia de Galicia
Urbanización A Cepeira. Rúa de Muros 72, A. Roxos-Villestro. Santiago de Compostela.
Teléfonos: 637087977/637087999/637087489
Correo electrónico: info@abagal.org