Participación cidadá
RECURSO "Foro de Cidadás"
PROGRAMA : Atención á muller
DESCRICIÓN
Con motivo da posta en marcha do I Plan de igualdade para as mulleres de Narón, o Concello pon en marcha o foro de cidadás para fomentar a participación das mulleres na vida social e política, dada a importancia que ten a voz das mulleres no eido destes asuntos
OBXECTIVOS
A finalidade do foro é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres, onde establecer redes de apoio mutuo, compartir experiencias e intercambiar opinións, ademais de servir de nexo entre as demandas das mulleres e o propio concello, fomentando así a súa cidadanía activa, pasando de ser o obxecto das políticas públicas a suxeito destas co exercicio dos seus dereitos
LUGAR DE UTILIZACIÓN: biblioteca municipal
IDADE DE REFERENCIA: Mulleres de a partir de 18 anos
GRUPOS MÁXIMOS: 70 persoas
DATAS: de setembro a xuño
HORARIO: de tarde; de 18:30 a 20:30 h
SOLICITUDE INSCRICIÓN: No Rexistro Xeral do Concello en formulario oficial
PRAZO: Consonte convocatoria
RECURSO "Asesoramento ao movemento asociativo"
DESCRICIÓN
Por medio da figura dun consultor técnico, manterase un servizo de asesoramento na xestión de contas , requirimentos da Lei de subvencións, elaboración práctica de programacións, etc permanente a todas as persoas directivas do movemento asociativo e persoas colaboradoras.
OBXECTIVOS
A finalidade é a de facilitar información sobre os recursos e os programas municipais, analizar e sistematizar datos de asociacións para programar recursos e desenvolver estratexias de dinamización comunitaria como educación para a saúde, transporte público, vivenda e convivencia veciñal.
LUGAR DE UTILIZACIÓN: Casa da Cultura.