Corresponsabilidade
RECURSO " Obradoiro de corresponsabilidade"
DESCRICIÓN
Os obradoiros de corresponsabilidade teñen como obxectivo propiciar unha necesaria toma de conciencia sobre a importancia do reparto do tempo no eido doméstico por unha banda, e sobre as causas das desigualdades entre homes e mulleres pola outra.
OBXECTIVOS
- Analizar a situación da corresponsabilidade entre mulleres e homes existente no Concello
- Promover a flexibilización de roles das mulleres e homes no Concello.
- Impulsar a corresponsabilidade entre as mulleres e os homes do Concello
- Posibilitar que mulleres e homes poidan atender as parcelas privadas e públicas en igualdade de condicións.
- Mermar a sobrecarga de responsabilidades familiares que as mulleres do Concello presentan, introducindo medidas que promovan o seu reparto equitativo e a non desvalorización das tarefas de coidados.
LUGAR DE UTILIZACIÓN: centros cívicos sociais.
IDADE DE REFERENCIA: a partir de 18 anos.
GRUPOS MÁXIMOS: 12 homes.
SOLICITUDE INSCRICIÓN: no Rexistro Xeral do Concello en formulario oficial.
PRAZO: Consonte convocatoria.
NOTAS
A conciliación da vida familiar e laboral busca a creación dunha estrutura na contorna laboral que facilite a homes e mulleres combinar traballo con responsabilidades familiares e de fogar.
A conciliación baséase na introdución de medidas tales como sistemas de permisos por razóns familiares, e de permiso parental, de atención á infancia, a persoas de idade avanzada e dependentes, etc.
A conciliación da vida persoal, laboral e familiar dá resposta a unha nova realidade social, resultado da incorporación da muller ao mercado laboral.
OBXECTIVOS: o obxectivo principal da conciliación é a compatibilización dos horarios nos ámbitos persoal, laboral e familiar.
MÁIS INFORMACIÓN
Servizo Sociocomunitario Municipal: 981337700 ext.1108