Coeducación

Por que é tan importante a coeducación?

A muller foi mostrada dende comezos remotos da historia como débil, submisa, incapaz de pensar por si mesma ou de facer cousas importantes, a que tiña que ser protexida polo home, permanecer no fogar para ser considerada una verdadeira “ señora”. Foi definida seguindo o patrón dos desexos e necesidades do outro sexo; e moitas mulleres así o fixeron inculcándolles estes mesmos valores ás súas fillas e fillos.

Nos nosos días, a muller conseguiu novos espazos e dereitos. Non obstante, se se observa criticamente a realidade podemos ver que persisten as desigualdades e a discriminación en función do sexo. No mercado laboral é maior o desemprego feminino; os postos de traballo ocupados por mulleres son, en xeral, menos valorados socialmente e menos retribuídos economicamente.

De igual forma, as profesións de maior status social foron exercidas tradicionalmente por homes. Os postos directivos seguen ocupados na súa maioría por homes. Outro indicador da desvalorización da muller, e sen dúbida o máis alarmante, é a violencia nas súas diversas formas, exercida por homes contra as mulleres. De aí a importancia de contrarrestar esta realidade dende a educación, comezando no fogar e dende idades moi temperás do desenvolvemento.

Consellos para coeducar e coeducarnos

  • Utilizar unha linguaxe que represente ambos sexos
  • Ampliar as oportunidades educativas e formativas de todas as persoas
  • Dar o mesmo valor ao feito de ser home ou muller
  • Promover o acceso das nenas, en igualdade de condicións, a todas as formas de cultura, coñecementos, actividades, recursos, xogos, deportes, etc aos que teñen acceso os nenos
  • Modificar a distribución de poder nos centros de modo que os cargos directivos  e de toma de decisións tendan a ser paritarios entre mulleres e homes
  • Saber coidarse e apoiar a outras persoas
  • Afrontar os conflitos mediante o diálogo
  • Coidar as relacións, prestando atención ás necesidades, opinións, sentimentos alleos, pero sen perder de vista os propios
  • Elaborar o proxecto  de vida, en función dos desexos e capacidades propios, e non segundo estereotipos ou prexuízos sexistas
  • Previr os malos tratos e a violencia de xénero.

RECURSO "Obradoiros de sensibilización e formación en igualdade"

PROGRAMA : Atención á muller

DESCRICIÓN: Sensibilizar e fomentar un cambio de mentalidade e de  valores entre o persoal do Concello acorde co principio de igualdade entre homes e mulleres a través do desenvolvemento dun programa formativo.

OBXECTIVOS:

  1. Proporcionar coñecementos básicos sobre o sistema sexo/xénero contextualizando o tema da igualdade dende esta perspectiva de análise.
  2. Proporcionar coñecementos sobre o marco lexislativo no que se desenvolve o concepto de igualdade de xénero e as políticas de igualdade.
  3. Fomentar a reflexión e o debate en torno ás cuestións de xénero, posibilitando con iso o cambio de actitudes con respecto á cuestión da incorporación e posta en marcha das políticas de igualdade.
  4. Achegar criterios que permitan analizar a realidade dende unha perspectiva de xénero atendendo así as diferenzas entre mulleres e homes e as desigualdades que presentan.
  5. Potenciar o interese do persoal con responsabilidade técnica para detectar necesidades e introducir diferentes accións positivas no desenvolvemento das súas tarefas.

LUGAR DE UTILIZACIÓN: centros escolares e centros cívicos sociais

DESTINATARIOS: toda a comunidade educativa, homes e mulleres

GRUPOS MÁXIMOS:  12 persoas

DATAS: de novembro a xuño

HORARIO: dúas sesións de dúas horas

SOLICITUDE INSCRICIÓN: No Rexistro Xeral do Concello en formulario oficial

PRAZO:  Consonte convocatoria.