Vacacións en Paz

Publicado o 01 de Setembro de 2010

A concelleira María del Carmen Espada, despide hoxe aos 7 nenos e nenas saharauis que pasaron as súas vacacións en Narón acollidas por familias do noso Concello. Sen dúbida unha experiencia inolvidable para todos e todas.

A concelleira de Servizos Sociais, Mª del Carmen Espada, despede hoxe (mércores, 1 de setembro de 2010, ás 15:45), no Concello, aos 7 nenos e nenas saharauís que pasaron as súas vacacións en Narón, acollidos por familias deste concello, dentro do programa Vacacións en Paz da Asociación Solidariedade Galega co pobo Saharaui.


As vacacións en paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica ós nenos e nenas saharauís.

"Vacacións en Paz" é un proxecto de acollida temporal de menores saharauís que se ven desenvolvendo desde 1996 e permite que, durante os meses de xullo e agosto, nenos e nenas de 8 a 12 anos saian dos campamentos de refuxiados saharauís de Tinduf veñan a Narón acollidos por familias que os tratan como a un máis da casa.

Os obxectivos do programa son:

  • Permitir que durante un curto espazo de tempo os nenos saian dos campos de refuxiados, xa que alí vívense condicións durísimas e, no verán, temperaturas de máis de 50º.
  • Dar a todos a posibilidade de coñecer unha nova cultura, un novo idioma, uns novos costumes, aprendizaxe da lingua castelá e galega...
  • Someter aos nenos e nenas a revisións médicas periódicas, o que lles dará unha oportunidade para crecer máis sans. 
  • Sensibilizar a través da estancia dos nenos/as á poboación da nosa comunidade sobre a situación do pobo saharaui.
  • Suplir as carencias nutricionais necesarias para que, á súa volta, as súas familias biolóxicas consigan sacarlles adiante.