Últimas novas dende o útero

Publicado o 21 de Novembro de 2010

Nacer con pouco peso aumenta o risco de sufrir diabetes ou un infarto? Soa determinista, pero novos estudos están a avivar o controvertido debate sobre como a vida no útero decide a saúde para o resto da existencia.

A principios de 1980, un epidemiólogo británico chamado David Barker, que investigaba na Universidade de Southampton (Reino Unido), enfrontouse a un enigma despois de elaborar un voluminoso mapa que recollía minuciosamente as causas de morte en varias partes de Inglaterra e Gales.

Barker estudaba a incidencia de infartos e enfermidades do corazón entre 1968 e 1978, a maior causa de morte nos países ricos e industrializados, onde os alimentos ricos en calorías flúen abundantemente como maná.

Os datos reflectiron xustamente o contrario: nas zonas máis pobres de Inglaterra, o norte e o leste, a xente morría máis frecuentemente por culpa dun ataque ao corazón ou un fallo cardiovascular, mentres que nas máis adiñeiradas e prósperas, o leste e o sur, a incidencia de ataques ao corazón era moito máis baixa. Os datos estatísticos contradicían o sentido común.

As patoloxías do corazón ligáronse ao exceso, a falta de exercicio e as dietas supercalóricas abundantes en graxas, propias dos países ricos. "Fixemos ese mapa de Inglaterra e Gales porque estabamos interesados en explorar este paradoxo", relata Barker . "Mentres as enfermidades coronarias aumentan a medida que as nacións se fan máis prósperas, a incidencia destas enfermidades resultaba máis alta entre a xente pobre".

Os fetos reciben sinais a través das súas nais, e isto establece a bioloxía do bebé a partir da predición do mundo no que vai vivir

As patoloxías cardiovasculares na vida adulta apareceron ligadas á malnutrición dos fetos.

Ler máis