Se asinan dous convenios de colaboración

Publicado o 17 de Xuño de 2011

O Concello asina dous convenios de colaboración coa asociación ALMAT e a Fundación Terra de Trasancos

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou dous convenios de colaboración coa Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT) e a Fundación Terra de Trasancos.

O acordo asinado coa representante de ALMAT, Carmen López Díaz, contempla a execución de programas de asistencia psicolóxica e xurídica, acompañamento das víctimas en xestións derivadas da súa situación, localización e tramitación da Casa de Acollida e outras accións que se deriven das anteriores.

O Concello de Narón achegará a ALMAT unha aportación de 1.500 €, e prestará asesoramento técnico e administrativo dende o Servizo Sociocomunitario en relación co convenio a desenvolver.

O acordo rubricado coa Fundación Terra de Trasancos ten como finalidade o desenvolvemento de diversas actividades para maiores na parroquia de O Val, contando coas instalacións desta entidade.

En concreto, desenvolveranse diversas actividades sociais e culturais de interese público. Para a súa realización, o Concello aportará unha achega económica de 15.000 €, e prestará o asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario.