Premio polo programa socioeducativo Alza

Publicado o 25 de Xuño de 2010

O Concello de Narón recibe un premio polo programa socioeducativo Alza, que se desenvolven nos centros escolares do noso municipio. Mª del Carmen Espada, concelleira de igualdade e ensino recolleu o galardón.

O Concello de Narón acaba de recibir a distinción pública da ANPA “Picapeixe” do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Nicolás del Río, de Cedeira. Esta agrupación de pais e nais de alumnos/as valorou de xeito moi positivo o programa socioeducativo Alza, promovido polo Concello de Narón nos centros escolares deste municipio e levado a cabo durante este curso escolar 2009-2010.

O premio foi recollido por Mª del Carmen Espada, concelleira de Igualdade e Ensino. Mª del Carmen explicou que supón un enorme orgullo e distinción para o Concello de Narón dado que o xurado do premio examinou os proxectos educativos da bisbarra de Ferrolterra e seleccionou o de Narón de entre todos eles.

O programa Alza foi impartido por 5 técnicas en Animación Sociocultural e  unha coordinadora, e ofertouse como actividade extraescolar ao finalizar a xornada e tamén no horario dos comedores escolares, do seguinte xeito:

-Comedores dos centros escolares: CEIP A Gándara, CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, e Colexio Santiago Apóstol. En total, traballouse con 222 nenos/as destos catro centros de ensino. As actividades impartíronse no horario restante logo de almorzar e/ou de xantar. Se levaron a cabo os seguintes obradoiros: Introducción do tema de vida saudable: hábitos de nutrición; Vida saudable: hábitos de actividade física; Saúde colectiva: hábitos de limpeza e reciclaxe; Saúde individual: hábitos de hixiene persoal; Repaso de hábitos de vida saudable: nutrición; Repaso de hábitos de vida saudable: actividade física por medio dos xogos populares galegos; Educación para a igualdade de xénero; Hábitos de bó comportamento na mesa; Obradoiro de Nadal: Reciclaxe; Educación Multicultural; Animación á lectura; Repaso de hixiene persoal e hábitos de bó comportamento na mesa; Educación para a cidadanía; Obradoiro de entroido e repaso de hábitos de reciclaxe: construíndo xogos artesanais; e Obradoiro de despedida, no que se realizaron as actividades que tiveron máis éxito ó longo do programa.

-Actividades extraescolares:  CRA Domirón, CEIP Virxe do mar, CEIP Piñeiros. Se levaron a cabo  unha serie de actividades como xogos populares, programa denominado “anda, pedalea e cociña”, e técnicas de estudio.

As actividades extraescolares ofertadas funcionaron de xeito satisfactorio durante a realización do programa. Algunhas delas foron solicitadas polas ANPAS dos centros escolares, pero outras (coma o caso do obradoiro de técnicas de estudio) foron os pais dos menores os que as demandaron.

Os propios nenos/as e os seus pais e nais declararon o seu agrado coas mesmas e o seu desexo de continuar co programa Alza no vindeiro curso académico 2010-2011.