O Punto Violeta permanecerá mañá instalado na zona de Santa Rita de Xuvia

Publicado o 20 de Maio de 2022
Imaxe do momento no que se inagura o Punto Violeta de Narón o día 18 de febreiro de 2022

A celebración, esta fin de semana, das festas Santa Rita de Xuvia, levará ao Concello a ubicar nas inmediacións da zona o Punto Violeta itinerante de Narón, debido á concentración de xente que se prevé que se rexistrará nese núcleo da cidade

A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que as persoas que atenden o servizo estarán operativas dende as 22.00 ata as 02.00 horas. A edil recalcou que a finalidade deste servizo é “implicar á sociedade en xeral na loita contra a violencia machista e, ao mesmo tempo, ofrecerlle asesoramento e información en materia de prevención e atención ante posibles casos desta lacra social”.

Gómez recordou que xa están pechadas outras datas para ubicar o Punto Violeta de Narón o día 28 de maio na rúa Cataluña, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, de 22.00 a 02.00 horas; o 4 de xuño de 22.00 a 02.00 horas na zona do paseo de Xuvia, con motivo da Concentración moteira Cidade de Narón e o 5 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas na zona do Feirón de Santa Icía, na Solaina.

O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género), tal e como indicou Gómez.