O Punto Violeta de Narón estará hoxe luns nas inmediacións do centro de saúde do Val

Publicado o 11 de Abril de 2022
Dúas persoas atenderán o servizo en horario de mañá

O Punto Violeta de Narón permanecerá instalado hoxe nas inmediacións do centro de saúde do Val. 

Dúas persoas atenderán o servizo en horario de mañá, de 9.00 a 13.00 horas, para informar ás persoas que se acheguen sobre a importancia da loita contra a violencia machista e tamén sobre as ferramentas dispoñibles nas diferentes administracións para erradicar esta lacra social e atender ás vítimas.

O Concello de Narón instalou nas últimas semanas o Punto Violeta en diferentes ubicacións da cidade e en eventos donde se preveía unha gran asistencia de público. Tras percorrer diferentes espazos, nos últimos días xunto aos centros de saúde do Alto e Pedroso, o Punto Violeta continuará a súa itinerancia en espazos que se anunciarán previamente dende o Consistorio.

O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género).