O Concello acolleu esta mañá a reunión do Consello Sectorial de Igualdade

Publicado o 04 de Marzo de 2022
O Concello acolleu esta mañá a reunión do Consello Sectorial de Igualdade

O goberno local presentou hoxe os actos do 8M no transcurso do Consello Sectorial de Igualdade

O Concello acolleu esta mañá a reunión do Consello Sectorial de Igualdade, presidido pola edil responsable da área, Mar Gómez, que estivo acompañada pola edil de Participación Cidadá, Catalina García. A convocatoria deu comezo ás 10.30 horas e á mesma acudiron representantes da corporación local e da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, a Asociación Cultural ASCM, a Asociación Síndrome de Down Teima, a Asociación de Fibromialxia (Afinor), Cogami, Acadar, e unha representante da central sindical UGT.

Na convocatoria aprobouse a acta da sesión anterior para, a continuación, presentarlles aos asistentes as propostas municipais coas que se conmemorará na cidade o 8M, Día Internacional da Muller. As propostas, segundo indicaron, comezaron esta mesma semana e desenvolveranse ao longo de todo o mes, tal e como se anunciou dende o Consistorio. As accións a levar a cabo inclúen actos vencellados ás áreas da educación, cultura, deporte…

Gómez e García valoraron o resultado desta nova convocatoria e agradeceron a colaboración e implicación dos representantes das entidades que acudiron á mesma. “Este tipo de xuntanzas son moi fructíferas porque non deixan de ser unha posta en común e un espazo no que intercambiar posturas e opinións sobre diferentes propostas municipais”, indicaron as edís naronesas.