Narón unido polo presunto homicidio da muller de A Revolta

Publicado o 09 de Novembro de 2012

Narón gardou onte cinco minutos de silencio en repulsa polo presunto homicidio dunha muller en A Revolta

Representantes da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde (José Manuel Blanco), o subdelegado do Goberno en A Coruña (Jorge Atán), e o Comisario da Policía Nacional de Ferrol-Narón (Angel Casanova), gardaron onte cinco minutos de silencio ás portas do Concello, na Praza de Galicia.

O motivo da convocatoria, secundada por veciños/as e funcionarios do Concello, foi amosar a repulsa por un presunto caso de violencia de xénero acontecido o pasado luns 5 de novembro en A Revolta (Sedes) dando como resultado a morte dunha muller.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, declarou unha vez finalizada a concentración que é preciso “poñer as medidas necesarias para que sucesos coma éste non volvan a acontecer, porque de confirmarse o asasinato, sería xa o segundo caso de violencia de xénero en Narón no que vai de ano”. O rexedor chamou á unidade de acción de tódalas administracións públicas, sinalando que “temos que estar implicados e por as medidas necesarias para evitar que acontezan este tipo de actos, que tanto nos conmocionan a todos”.

Pola súa parte, o subdelegado do Goberno rexeitou “calqueira caso de violencia familiar ou violencia de xénero” e respecto ó último suceso declarou que “tódolos indicios apuntan a que se tratou dun homicidio”. Jorge Atán tamén fixo un chamamento “a loitar contra este tipo de lacra”.