A exposición "Elas sempre están" chegará a Narón o 17 de setembro

Publicado o 21 de Xuño de 2010

A exposición, comisariada por María Serantes, é unha homenaxe a muller rural. Conta con quince fotografías, da artista italiana Elisa Gianni, que reside en Galicia fai cinco anos, e unha poesía, da galega Lucía Aldao, que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI.

Unha homenaxe á muller do rural

A exposición, comisariada por María Serantes, é unha homenaxe a muller rural. Conta con quince fotografías, da artista italiana Elisa Gianni, que reside en Galicia fai cinco anos, e unha poesía, da galega Lucía Aldao, que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI.

Nas imaxes xorden quince retratos, mulleres en diversas paisaxes e situacións da vida cotiá, naturais, sen artificios; e unhas mans, que evocan as mans do pasado e do presente, que traballaron arreo e que contribuíron e contribúen ao sustento de Galicia.

Do lapis da poetisa galega Lucía Aldao afloran verbas doces e cheas de forza, conformando un poema que deixa ver a tenrura e a admiración, que sente por todas estas mulleres anónimas, aínda que con nome propio, que ben poderían ser a súa nai, a súa avoa, a súa tía…ou as de todas e todos nós.

Na mostra a poética da imaxe e da palabra únense para facer visible, dende o máximo respeito, a gran valía das mulleres do rural galego. Mulleres que seguen facendo as labores consideradas propias da súa condición feminina dende tempos antiquísimos, pero tamén mulleres abertas, que saben adaptarse aos novos tempos que corren e asumen a súa vez, sen medo e sen complexos, roles tradicionalmente masculinos.