Encontro de Persoas Maiores de Narón

Publicado o 18 de Xuño de 2010

O Concello organiza este evento na área recreativa de Pedroso con motivo da clausura do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores, desenvolvido ao longo do ano en colaboración co movemento asociativo de Narón

A concelleira de Persoas Maiores de Narón, Mª del Carmen Espada, ofreceu unha rolda de prensa para presentar unha nova edición do Encontro de Persoas Maiores que se ven realizando dende fai máis dunha década en Narón.

O Concello organiza este evento na área recreativa de Pedroso con motivo da clausura do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores, desenvolvido ao longo do ano en colaboración co movemento asociativo de Narón. Este programa ten un doble obxectivo, segundo explicou a edila: “Queremos que os maiores fagan actividades e que se relacionen entre eles, porque iso redunda nunha mellora da súa calidade de vida”, declarou.

Segundo informou a Concelleira de Maiores, Mª del Carmen Espada, hai máis de 1.000 persoas que xa teñen as súas entradas para o xantar que se ofrecerá mañá dentro do programa de actividades do Encontro. Esta cifra aumentará xa que outras moitas persoas asistirán ó longo do día ós diferentes actos que se desenvolverán en Pedroso, co que agárdase duplicar o número de asistentes.

O Encontro de Maiores está dirixido a persoas de máis de 60 anos de idade, empadroadas no Concello. Está pensado coma unha convivencia de persoas maiores arredor dun programa de actos que se desenvolve ó longo da xornada, e que inclúe actividades gastronómicas, unha exposición de traballos e de actividades feitas ó longo do curso, actuacións artístico-expresivas, xogos populares tradicionais, baile e actos protocolarios.

O programa de actos é o seguinte:
 

  • 10:00 h.- Chegada de participantes (haberá 13 autobuses que percorrerán as parroquias e barrios de Narón para achegar ás persoas ata o lugar do encontro)
  • 10:30 h.- Demostración de actividades: aulas abertas de ioga, ximnasia e bailes de animación.
  • 12:30 h.- Actuacións das cantareiras.
  • 12:45 h.- Actuacións da Coral do Grupo de Maiores.
  • 13:45 h.- Actuación do Grupo de Cancións de Animación.
  • 13:30 h.- Clausura dos actos e acto de benvida a cargo do Alcalde de Narón.
  • 14:00 h.- Xantar.
  • 17:00 h.- Baile.
  • 20:30 h.- Fin do encontro e regreso.


Ademáis destas actividades, durante toda a xornada haberá obradoiros de xogos populares, demostracións en vivo de artesanía e circuítos saudables.

A Concelleira de Maiores agradeceu a implicación e o apoio constante do movemento asociativo (asociacións de maiores e asociacións de veciños) de Narón na organización deste encontro, e animou a tódalas persoas destas idades a participar mañá no mesmo.

*Para facilitar o traslado dos participantes, sairán autobuses de diferentes puntos do municipio nos seguintes horarios:

9:30 h.- O Val e San Mateo (2 autobuses)
9:45 h.- Centros de Maiores, Alto do Castiñeiro e AVV Chafarís (2)
9:45 h.- Piñeiros e Freixeiro (2)
9:30 h.- Virxe do Mar e Xuvia (1)
9:30 h.- Santa Icía e A Gándara (2)
9:30 h.- Coral Municipal de Persoas Maiores (1)
9:30 h.- Centros de Maiores da Solaina e o Alto (2)
9:30 h.- San Xiao, Castro, e Sedes (1)