Encontro da rede de centros de perruqueiría e estética fronte á violencia de xénero

Publicado o 31 de Maio de 2023
O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá o vindeiro 12 de xuño un encontro da rede de centros de perruqueiría e estética fronte á violencia de xénero.

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá o vindeiro 12 de xuño un encontro da rede de centros de perruqueiría e estética fronte á violencia de xénero. 

A concelleira de Igualdade en funcións, Mar Gómez, indicou que a iniciativa forma parte da campaña “A igualdade polos pelos”, impulsada dende o Concello e na que participan centros de perruqueiría e estética do Concello. A convocatoria desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas.

A edil naronesa indicou que este espazo final da campaña “será unha oportunidade para xuntarnos e coñecer ao resto de profesionais da rede, celebrar a realización da campaña e avanzar nos pasos que continuaremos dando nesta área co fin de promover a igualdade real na nosa sociedade”. 

Dende a organización solicitouse confirmación de asistencia a través do correo electrónico aigualdadepolospelos@gmail.com ou do número de teléfono 604 033 515. Tamén se poden inscribir as persoas interesadas mediante o formulario: https://cutt.ly/Kwq1e4nL.

Esta campaña está financiada con fondos do Pacto do Estado, tal como recordou Gómez.

O  Concello convoca un Encontro da rede de centros de perrucaría e estética fronte á violencia de xénero