Concentración ante o Concello en repulsa do asasinato dunha muller en Oia

Publicado o 05 de Xuño de 2023
O Concello convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato

Concentración de condena do asasinato de Ana Vanessa Serén.

O Concello convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na xornada do pasado domingo, dunha muller de 44 anos, Ana Vanessa Serén, ás portas do cámping no que traballaba en Oia, Pontevedra, a mans da súa exparella.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero.

As persoas asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. Marián Ferreiro agradeceu a participación da xente que se sumou á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”