Concentración ante o Concello en repulsa do asasinato dunha muller en Lugo

Publicado o 01 de Decembro de 2022
Concentración ante o Concello en repulsa do asasinato dunha muller en Lugo

A concentración desenvolveuse na porta principal do Concello.

O Concello convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na xornada do pasado domingo, dunha muller de 42 anos, Cristina Cabo Buján, en Lugo, a mans dun home de 30 anos, xa detido e que confesou ser o autor das coiteladas que acabaron coa vida da vítima deste crime.

O alcalde accidental, Manuel Ramos, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero. Os asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. Ramos agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”.