A Biblioteca Municipal do Alto acolle unha sesión do Foro de Cidadás sobre os beneficios da Lactancia Materna

Publicado o 27 de Outubro de 2010

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar unha nova edición do Foro de Cidadás, enmarcado no I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón. 

A cita terá lugar o mércores 27 de outubro, ás 18:00 horas, no sótano da Biblioteca Municipal e levará por título “Lactancia materna”.

Nesta charla colaborará a asociación BBTTA, quen presentará os beneficios da lactancia materna para bebés e nen@s e nais, ó tempo que se resolverán as dúbidas que sobre esta materia se prantexen.

O Foro de Cidadás é un instrumento para fomentar a participación das mulleres na vida social e política. A súa finalidade é a de ofertar un espazo de comunicación para o colectivo feminino, onde establecer redes de apoio mútuo, compartir experiencias e intercambiar opinións, ademáis de servir de nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello.

Coma noutras edicións, o Concello ofertará un servizo de atención para mulleres que teñan ó seu cargo a persoas dependentes ou menores. Este servizo funcionará durante o tempo que dure o Foro.