A Biblioteca celebrará o vindeiro luns un acto conmemorativo do Día das escritoras

Publicado o 14 de Outubro de 2022

O vindeiro luns, día 17, celebrarase o Día das escritoras, data na que se reivindica o labor e legado das mulleres que escribiron ao longo da historia. 

Con motivo da festividade de Santa Teresa de Xesús a Biblioteca Nacional de España, a Federación de Mulleres directivas, executivas, profesionais e empresarias (Fedepe) e a Asociación Clásicas y Modernas conmemorarán esta data con actos aos que se suma o Concello de Narón. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que “Antes, durante e despois das guerras” é o lema desta sétima edición do Día das escritoras, que se celebrará cun encontro na Biblioteca municipal ás 11.00 horas do vindeiro luns.

A técnico responsable do programa municipal Supervivencia doméstica colaborará nesta iniciativa, que consistirá, como indicou Taibo, nunha lectura común e un coloquio posterior sobre textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh. 

A participación é libre ata completar o aforo dispoñible da sala.

Día das escritoras