Avances tecnolóxicos para evitar o cancro de mama

Publicado o 15 de Outubro de 2010

Avances tecnolóxicos para evitar o cancro de mama. A comunidade científica de todo o mundo traballa incesantemente para ofrecer novas posibilidades de prevención e detección temprana do cancro de mama, unha das enfermidades que mata a máis mulleres en todo o mundo.

Entre todos os avances está unha nova vacuna de prevención do desenvolvemento de cancro de mama -aínda en fase de probas- que está a ser desenvolvida polo Instituto de Investigación Lerner, da cidade norteamericana de Cleveland. A nova vacuna podería ofrecer inmunidade á enfermidade con só unha dose, e sen danar os texidos sans. Aínda que faltan anos para os resultados finais, se se aprobase a nova vacuna a sería o terceiro medicamento de efectiva prevención contra o cancro.

Ata o momento, desenvolvéronse exitosamente fármacos que evitan a formación de cancro cervical e hepático. Mentres tanto, a prevención e a detección temprana do cancro de mama seguen sendo a máis poderosas das armas para a loita contra esta enfermedade: as mamografías anuais, as visitas periódicas ao xinecólogo e o autoexamen mensual son as maneiras máis eficaces de detectar a enfermidade nos seus comezos.

Ademais, todos os especialistas coinciden que manter un estilo de vida san, unha boa alimentación, evitar a tensión e o cigarro son medidas sinxelas que todas podemos realizar no intento de manternos a salvo desta enfermedade.