A alcaldesa e a concelleira de Igualdade presentaron onte o Punto Violeta

Publicado o 18 de Febreiro de 2022

O Punto Violeta é un instrumento de loita contra a violencia machista que vai máis aló da violencia de xénero dentro do ámbito da parella ou exparella

A rexedora local recordou que un dos obxectivos fundamentais deste Punto Violeta é acadar a implicación da sociedade xeral na loita contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, como  a violencia física, sexual, económica, psicolóxica, dixital e vicaria. Ferreiro incidiu no feito de que non se trata dun asunto privado senón unha cuestión que nos atinxe a todas e a todos, tanto sociedade como institucións. Trátase dun problema de primeira orde, dunha vulneración de dereitos humanos e é, ademáis, un delito que se persegue de oficio polos operadores policiais e xurídicos aínda sen existir denuncia da persoa agraviada.

Así mesmo, a concelleira de Igualdade remarcou que co labor desenvolvido desde o Punto Violeta, o Concello promove o acercamento dos servizos integrais ás persoas vítimas a través do seu entorno e facilita información sobre cómo actuar ante os casos de violencia machista. Facilítase diverso material informativo para estabrecementos, entidades e organismos públicos a través de carteis e dípticos que inclúen un código QR vinculado á Guía Punto Violeta para actuar fronte á Violencia machista e que sinalan ese lugar como un espazo seguro para as vítimas donde poden recibir información e acompañamento se o precisan.

A información facilitada inclúe específicamente os servizos aos que se pode acudir como son o teléfono 016, que funciona as 24 horas durante os 365 días do ano con persoas expertas en violencias machistas que dan asesoramento sobre os dereitos e os recursos dispoñibles próximos; o número de WhatsApp 600000016016-online@igualdad.gob.es; 112 Emerxencias; 091 Policía Nacional; 062 Garda Civil; App Alertcops que permite enviar un sinal de alerta á Policía coa túa xeolocalización.

O Punto Violeta do Concello de Narón localizouse neste mes de febreiro, na xornada de onte de 10.00 a 14.00 horas, na entrada principal da Casa do Concello e o día 26 en horario de 18.00 a 22.00 horas localizarase na Praza da Solaina.

Para máis información no Concello de Narón pódese consultar telefónicamente co 981337700 ext.1108/1109.