07/01 Viernes Concurso "As oportunidades da idade"

Instituto da Muller organiza un concurso fotográfico, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres o día 8 de marzo. O obxectivo deste concurso é a realización dunha Exposición e Cartel Conmemorativo do Día Internacional das Mulleres.

17/01 Lunes Diversidade na UE

A lexislación da Unión Europea que prohibe a discriminación por motivos de orixe étnica ou racial,de idade, discapacidade, orientación sexual, relixión ou crenzas no lugar de traballo ou pola orixe racial ou étnica en todos os ámbitos da vida diaria brinda protección a todos os integrantes da sociedade.

17/01 Lunes Coñece a interacción entre antibióticos e anticonceptivos:

A pílula pode interaccionar cos antibióticos e diminuír a súa eficacia.

23/01 Domingo Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa EMEGA)

Resolución do 11 de xaneiro de 2011, da Secretaria Xeral da igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino(Programa Emega) e procédese á súa convocatoria para o ano 2011.

26/01 Miércoles Estréase un parque biosaludable

A parroquia de O Val estrea un parque biosaludable para realizar ximnasia de mantemento, dirixida principalmente ás persoas da Terceira Idade

28/01 Viernes Música contra a fibromialxia

Científicos da Universidade de Granada constataron que a musicoterapia, unida a técnicas de relaxación con imaxes guiadas, diminúe os síntomas asociados á fibromialxia como a dor, a depresión, a calidade do soño e a ansiedade, polo que mellora a calidade de vida destes enfermos.