Presentación

Dende a Concellería de Igualdade considérase prioritario o impulso de procesos de participación social das mulleres de forma que estas poidan influír nas políticas públicas, das que estiveron historicamente relegadas.

A ausencia de mulleres en espazos de poder e influencia implica que a igualdade formal non se traduce necesariamente na igualdade real á que o presente plan pretende contribuír.

Lograr a presenza das mulleres neses espazos é importante non soamente para garantir que as súas necesidades e intereses estean presentes na xestión pública, senón porque fortalece tamén a posición das mulleres na sociedade.

Imaxe
Imaxe presentación

Unha das principais estratexias que decidimos adoptar para lograr este obxectivo é o empoderamento, como proceso de toma de conciencia do poder que individual e colectivamente teñen as mulleres e que lles permite aumentar a súa participación nos procesos de toma de decisións, no acceso ao exercicio do poder e na capacidade de exercer influencia.

En definitiva, o empoderamento, levaría que as mulleres poidan exercer o dereito a tomar decisións sobre a súa propia vida para poder transformar tamén a súa contorna.

Neste camiño, o fortalecemento das organizacións de mulleres de Narón é fundamental. A existencia dun movemento de mulleres forte e organizado é un marco idóneo para os procesos de empoderamento das mulleres que o conforman e é un instrumento crave para a incidencia política na loita cara a unha igualdade real de mulleres e homes.

No municipio, a participación e presenza das asociacións de mulleres adquire gran importancia, non só polas actividades que realizan, senón polo número de mulleres que participan nas mesmas como socias ou usuarias.

forod