Lectura dun manifesto, ofrenda floral e murais forman parte do programa.

A alcaldesa da cidade presentou os actos do programa  con motivo do 25N.

A programación inclúe numerosas actividades que se desenvolverán en varias ubicacións da cidade e cun acto central o propio día 25 na praza da Gándara, donde se ubica o Monumento á Muller.

O primeiro dos actos será o xoves 18 na Biblioteca, donde terá lugar ás 18.00 horas a presentación e o debate, no Club de Lectura Feminista, do libro “Senlleiras”, a cargo da súa autora, Antía Yáñez. Neste caso é un acto aberto á cidadanía pero para cuxa asistencia é preciso anotarse previamente na propia Biblioteca ou chamando ao teléfono 981 382 173.

A programación continuará este sábado, día 20, co contacontos infantil “Contamos en igualdade”, ás 11.00 horas na Biblioteca. Esta actividade está pensada para nenas e nenos a partir de 3 anos, con carné da Rede de Bibliotecas, e as inscricións poden formalizarse tamén nas citadas instalacións, de xeito presencial ou por teléfono.

O día 25, coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero celebrarase o acto central na Praza da Gándara, xunto ao Monumento á Muller, donde ás 11.30 horas se lerá o manifesto en contra da violencia de xénero e haberá unha ofrenda floral. Este acto está aberto á cidadanía e acudirá tamén alumnado dos centros de ensino da cidade, que participarán de novo na marcha ciclista escolar “Pola igualdade e contra a violencia”. Acudirá alumnado de quinto de Primaria a pé ou en bicicleta desde os colexios ata a Praza da Gándara, aínda que no caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan levarase a cabo unha marcha ciclista virtual dende os centros.

O venres 26 ás 19.30 horas haberá un contacontos xuvenil, para rapazas e rapaces a partir de 15 anos e tamén para persoas adultas, na Biblioteca municipal. “Seica” é o título desta proposta organizada con motivo do 25N e para a que será preciso inscribirse, a partir do vindeiro luns día 22, presencialmente ou por teléfono.

A maiores, centros de ensino da cidade participaron nun obradoiro sobre “Violencias machistas e consumo nas redes sociais”, que alcanza este ano a súa segunda edición. Tres centros de ensino presentaron traballos para as categorías de terceiro e cuarto curso da ESO: o CPR Jorge Juan, e os IES As Telleiras e Terra de Trasancos. O traballo finalista, que se dará a coñecer próximamente, pintarase nun muro da Praza da Igualdade, donde se descubrirá unha placa coa se oficializará ese nome para o citado espazo, xunto á pista multideporte da Gándara.

Así mesmo, tamén se inaugurará na Praza da Gándara o día 25 unha exposición itinerante do Día Internacional contra a violencia de xénero, e na Biblioteca municipal poderá verse ata o 27 deste mes a exposición bibliográfica “Na loita contra as violencias”.

Finalmente, na ludoteca municipal da Solaina tamén se realizará un mural pola igualdade, do 22 ao 26 deste mes, e outras propostas deseñadas con motivo do 25N como un obradoiro de origami, contos e xogos pola igualdade e o obradoiro de análise musical “Son Violetas”.