“Igualdade por medio da educación”, “Inicio ás técnicas de confección” e “Integración e xestión familiar

Gómez explicou que as solicitudes se poden presentar, ata esgotar prazas, a través da Sede Electrónica –donde está disponible o formulario-, no Rexistro municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 16.1 e 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Todas estas actividades son de balde e diríxense a mulleres empadroadas en Narón, desempregadas e de entre 18 e 65 anos.

A acción formativa Igualdade por medio da educacióndispón de 15 prazas e impartirase entre os meses de outubro e xuño na Casa da Mocidade, os luns, mércores e xoves entre as 16.30 e as 19.30 horas. Entre os temas a abordar nas sesións están Apoio educativo de competencias clave (niveis 2 e 3); Apoio educativo para educación Secundaria; Educación en igualdade e actividades complementarias. “Trátase de que as alumnas que realicen este curso adquiran unha serie de habilidades sociais tendo á súa disposición os recursos formativos necesarios”, apuntou Gómez.

En canto á acción sobreInicio ás técnicas de confección, habilitaranse dous grupos, cun máximo de dez prazas cada un deles. As sesións desenvolveranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, de outubro a xuño. Un dos grupos acudirá os martes e xoves de 9.30 a 12.30 e o outro os luns, mércores e venres entre as 9.30 e as 12.30. O uso da máquina de coser, o coidado e aproveitamento de materiais, técnicas de costura e patronaxe, cortado de pezas de roupa, probas de pezas, remates a man… son parte dos contidos desta actividade socioeducativa. A través da mesma apóstase, tal e como indicou a concelleira naronesa, por “mellorar as posibilidades tanto de inclusión social como laboral das mulleres, a través dunha formación moi específica sobre confección”.

A terceira das propostas, sobre Integración e xestión familiartamén terá dous grupos dun máximo de dez persoas cada un, se ben un deles impartirase no colexio de San Mateo –martes e xoves de 9.30 a 12.30- e o outro na Casa da Mocidade –luns, mércores e venres de 9.30 a 12.30-. Neste caso as alumnas adquirirán destrezas de xestión no fogar e tamén abordarán temas como educación para a saúde, educación en igualdade, multicultural, ambiental… As sesións serán entre outubro de este ano e xuño de 2020. “A mellora da inclusión social de mulleres en risco de exclusión social é un dos obxectivos desta actividade”, apuntou Gómez.

Para obter máis información pódese consultar a páxina web do Concello –www.naron.es-, a Sede Electrónica do Concello ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio.