Violencia de xénero en Vilalba (Lugo)

O Concello acolleu o pasado luns, ás 12.00 horas, un novo acto de repulsa á violencia de xénero para condenar o asasinato dunha muller no concello lucense de Vilalba (Lugo), presuntamente a mans do seu home. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro estivo na concentración acompañada polos portavoces de TEGA, Román Romero e PP, Germán Castrillón, así como outros representantes da corporación local, e persoal funcionario e interino do Concello naronés.

Os asistentes gardaron un minuto de silencio para recordar as vítimas da violencia de xénero, para amosar as súas condolencias aos familiares e amizades da muller asasinada e condenar esta lacra social. A maiores, como é habitual neste tipo de actos, desplegouse unha pancarta, que portaron representantes do goberno local, co lema “Narón contra a violencia de xénero”.

María del Carmen Vázquez Cereijo, de 47 anos, recibiu unha coitelada no seu domicilio, na parroquia de Sancovada, donde a atoparon morta xunto co seu home, tamén sen vida.

Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis a violencia en xeral e, en particular, a de xénero, unha lacra social que é preciso erradicar.