As asociacións e entidades sen ánimo de lucro poden solicitar as axudas municipais para programas de igualdade

O Concello de Narón abre hoxe xoves 5 de outubro o prazo de solicitude de subvencións dirixidas a asociacións e institucións de carácter social e outras entidades sen ánimo de lucro.
A convocatoria implica destinar o importe a actuacións a programas das áreas de igualdade, socioeducativa, sociocultural, de persoas con discapacidade ou drogodependentes, de infancia, inmigración, minorías étnicas, xuventude, medio ambiente e outras que poden consultarse no anuncio publicado onte no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Pode consultarse no seguinte enlace:


Para poder optar a estas subvencións é obrigatorio que as asociacións e entidades estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello de Narón, cos datos actualizados no momento de presentar a solicitude e tendo xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello, de ser o caso.

As axudas poden solicitarse a través do Rexistro Municipal do Concello de Narón durante os próximos trinta días naturais (contados a partir de hoxe), de luns a venres, de 8.30 a 13.30 horas.