Curso práctico con 100 prazas para mulleres e homes maiores

A Concellería de Promoción Social impulsa un programa específico de atención a persoas maiores, en colaboración coas asociacións de maiores das parroquias da localidade, co fin de facilitar a súa socialización activa, a prevención da dependencia e a súa autonomía persoal. O obradoiro de Manexo de móbil destínase a un total de cen mulleres e homes.

Desenvolverase:

 

  • Os luns, martes e xoves de 18.00 a 19.30 no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
  • Os luns, xoves e venres de 10.00 a 11.30 en Piñeiros.
  • Os martes e xoves de 18.00 a 19.30 no Val.
  • Os luns, xoves e venres, de 10.00 a 11.30 na Solaina.
  • Os luns, xoves e venres, de 10.00 a 11.30 en Pedroso. 

 

As persoas que participen terán a oportunidade de coñecer máis polo miúdo como funcionan os seus teléfonos móbiles, as iconas da pantalla do móbil, como facer fotos e vídeos, conectarse e acceder a internet, configurar unha conta de correo, e moitas outras accións.

A previsión é iniciar os obradoiros o vindeiro mes de febreiro.

As persoas interesadas en inscribirse deberán presentar un formulario de solicitude –que poden recoller no Rexistro Xeral ou descargar da páxina web: www.naron.es- no propio Rexistro municipal de 8.30 a 13.30 horas, ata esgotar as prazas existentes, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

Estas propostas forman parte do programa de Envellecemento Activo impulsado desde a Concellería de Promoción Social do Concello de Narón.