A compañía Pentación Espectáculos representa a obra "La asamblea de las mujeres" no Pazo da Cultura de Narón, o 19 de novembro

Juan Echanove estreouse como director en Mérida con esta comedia escrita por Aristófanes no ano 392 a. de C. e versionada nesta ocasión por Bernardo Sánchez, que expón unha hilarante revolución feminina liderada por Praxágora.

A obra relata unha revolución feminina encabezada pola protagonista, Praxágora, que apoiada por outras mulleres de Atenas, participa nun golpe de estado no Parlamento para facerse co Goberno. Lolita lidera a revolución como Praxágora, un papel co que debutou no Festival de Mérida. Algúns dos seus compañeiros e compañeiras asumen diferentes roles ao longo da historia:

  • Pastora Vega encarna a Clytia.
  • María Galiana a Althea.
  • Pedro Mari Sánchez dá vida ao marido de Praxágora, Blipero
  • Concha Delgado é Lavinia.
  • Sergio Pazos interpreta a Cremes.
  • Santiago Crespo a un cliente de prostíbulo.
  • Bart Santana a un cidadán.

A través da obra trátase de facer unha crítica a situación política contemporánea e os seus paralelismos coa Grecia actual. Tamén hai un espazo para a esmorga e as chirigotas de Entroido.