A Concellería de Igualdade convoca unha charla sobre “Saúde cardiovascular feminina” no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

A última das actividades incluídas no programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller terá lugar este venres, 1 de abril, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

Ás 18.30 horas haberá unha charla sobre Saúde cardiovascular feminina. O médico do centro de saúde de Narón e integrante da Asociación de Amigos do Corazón (Amicor) Carlos Piñeiro impartirá esta charla.

Desde a Concellería de Igualdade anímase á veciñanza a acudir a esta convocatoria, na que se abordarán, entre outros asuntos, os factores de risco cardiovascular entre as mulleres.