O Concello colabora nas xornadas organizadas pola Asociación de Mobilidade Humana

O Centro de exames do polígono das Lagoas –na estrada de Cedeira- acollerá este sábado, día 28, unhas xornadas sobre “Migracións - Muller e Violencia”, organizadas pola Asociación de Movilidad Humana e nas que colabora o Concello de Narón, a través da Concellería de Igualdade que preside a edil Teresa Sabio.
A convocatoria comezará ás 18.00 horas e no transcurso da mesma procederase a presentar o libro “Manual en emergencias psicosociales”, de Mila Vilasánchez, Raquel Hermosa, Lidia Martín, Noemi Barreiro e Beatriz Dorrio.
A convocatoria comezará coa recepción e entrega de documentación para posteriormente, ás 18.15 horas, proceder á inauguración oficial das xornadas, a cargo da edil de Promoción Social e Igualdade do Concello de Narón, Teresa Sabio, e de Nuria Badel, vocal de Igualdade da Asociación de Movilidad Humana.
A primeira das ponencias marco terá lugar ás 18.50, sobre “Marco normativo y políticas para la prevención de la violencia de géneroe na que intervirán Rebeca Collado, xornalista de Ferrol 360; Beatriz Dorrio, do Patronato Concepción Arenal e a asesora xurídica María Teresa Bustamante.
Trala presentación do libro “Manual en emergencias psicosociales” procederase a iniciar a segunda das ponencias: “Hay salida. Recursos de ayuda”, na que falarán Loreto Primo, da Marcha Mundial das Mulleres; María del Carmen López, da asociación Almat e Soledad Lucero, da Asociación de Movilidad Humana.
Para rematar o acto procederase a recoñecer o traballo da “Muller do ano” pola súa labor nas reivindicacións co colectivo en mobilidade humana. A encargada de clausurar a convocatoria será Teresa Riveira, edil de Inmigración do Concello de Ferrol.