Esta app ten a finalidade de compartir, difundir e valorar o pensamento feminino ao longo da Historia.

Asociación Mujer, Ciencia y Tecnología é unha ONG que ten como obxectivo a posta en valor da figura da muller no eido tecnolóxico, difundindo o seu papel na Historia e formando ás persoas para o progreso da sociedade.

"Palabra de Mujer" é unha app ideada de forma colaborativa coa asociación feminista Laguz que nace coa finalidade de difundir o pensamento feminino ao longo da Historia. Esta iniciativa pretende tamén potenciar a autoestima colectiva das mulleres, impulsar o uso das TIC, e provocar unha reflexión mediante estas verbas de mulleres destacadas figuras en diversos eidos.

A app pódese descargar para o sistema operativo Android nesta URL: www.palabrademujer.es

Nun futuro a idea é que esta base de datos vaia medrando de xeito colaborativo a través dunha web na que calquera persoa poida facer unha proposta de "palabra de muller", que será revisada e compartida de forma pública.