Celébrase o xoves 7 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20:30 horas. Vai dirixido ao empresariado de Narón.

O "Obradoiro de Igualdade en materia de Emprego" aínda ten prazas dispoñibles, segundo explicou a Concelleira da área en Narón, Teresa Sabio.

Esta convocatoria se celebrará o xoves 7 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura (20:30 horas) e diríxese ó empresariado de Narón, asesorías fiscais, laborais e contables, e asociacións de comerciantes e empresariais.

Para asistir é preciso presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo rematará o xoves 30 de abril, sendo a inscrición gratuíta.

O Concello oferta un máximo de 25 prazas para este obradoiro.

As persoas participantes recibirán unha microsesión informativa (de 50 minutos de duración) na que se reflexionará sobre a corresponsabilidade social no eido empresarial. Tamén compartirán boas prácticas e experiencias en materia de Igualdade no eido laboral, que permitan a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

A finalidade é traballar a prol da Igualdade no emprego, sensibilizando ó empresariado das vantaxes da Igualdade e erradicando os estereotipos de xénero nesta materia.