Os destinatarios serán 10 nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abrirá do 1 ó 12 de decembro o prazo de inscrición para participar no programa Conciliaescola durante o Nadal.

Os destinatarios serán 10 nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, que participarán nun variado programa de actividades do 22 ó 31 de decembro na Casa da Mocidade, en horario de 7:30 a 14:30 horas. A tasa de inscrición é gratuita, e a persoas interesadas poden realizar a inscrición no Rexistro Xeral Municipal, ou obter máis información no Servizo Sociocomunitario (teléfono 981 33 77 00- extensión 1113).

O obxectivo de Conciliaescola é ofrecer un servizo para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das mulleres, por ser as principais responsables do coidado de fillos/as e outros familiares.

Os participantes realizarán actividades de sensibilización na Igualdade (a través de fotografías que fomenten o intercambio de opinións, xogos semidirixidos sobre coeducación, dramatizacións e xogo de roles de estereotipos). Tamén está prevista a realización de xogos coeducativos, divididos en dous ámbitos:

  • Tarefas domésticas: non hai tarefas para homes e tarefas para mulleres. Polo tanto, promocionarase un reparto equitativo das tarefas do fogar
  • Xogos alternativos: utilización de xogos alternativos e populares, contacontos e cantaxogos para favorecer a cooperación e a coeducación