A Concellería de Igualdade de Narón abre o prazo de inscrición

Neste obradoiro, as participantes aprenderán habilidades básicas para realizar pequenas reparacións domésticas de bricolaxe. Para este obradoiro, o Concello oferta un total de 20 prazas.

  • A inscrición é gratuíta e pode realizarse no Rexistro Xeral do Concello, en formulario oficial.
  • A data de celebración será os días 9-10-11 e 16-17-18 de decembro, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 16 a 20 horas. 

Os obxectivos deste obradoiro, promovido polo Concello e subvencionado pola Deputación de A Coruña, son a erradicación dos estereotipos de xénero para avanzar cara á corresponsabilidade, e propiciar a toma de conciencia sobre o reparto do tempo no eido doméstico e as causas das desigualdades entre homes e mulleres.

Para acadar estas metas, as mulleres inscritas aprenderán principios básicos de fontanaría, empregando para esto ferramentas e materiais, coñecendo as técnicas xerais para instalacións e almacenamento de augas, e tipos e mantemento de billas, entre outras cuestións.

Ademais as alumnas tamén estudarán principios básicos de electricidade, útiles e materiais, normas de seguridade e localización de avarías. Incluso haberá un apartado adicado á carpintaría no que se lles ensinará ás mulleres ferramentas, materiais e técnicas xerais como as empregadas para cravar, parafusar, aserrar, cepillar ou encolar.

Para máis información, pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no 1º andar do Concello ou ben chamando ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113).