Evento organizado polo Concello e as asociacións de diversidade funcional en Odeón

A Concelleira de Promoción Social e Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou  hoxe en rolda de prensa o acto “A diversidade ten dereitos” organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional da Diversidade Funcional, o vindeiro 12 de decembro.

A cita será no Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita Odeón, de 17 a 20 horas, e contará coa participación das seguintes entidades sociais:

  • Grupo de diversidade funcional de Ferrol e comarcas de COGAMI.
  • Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (ASPANEPS).
  • Asociación de Pais de nenos con Minusvalía (ASPANEMI).
  • Asociación de Sïndrome de Down Teima.
  • Asociación Vida Activa.
  • Asociación AFAES PortaNova.
  • Asociación Nuestra Señora de Chamorro.
  • Asociación Sociocultural ASCM.

O programa da Xornada de Diversidade Funcional é o seguinte:

  1. Exposición de imaxes das asociacións (pódense ver do 10 ó 15 de decembro).
  2. Exposición de artesanías.
  3. Actuacións de piano (Asociación Chamorro).
  4. Lectura do manifesto sobre a Diversidade Funcional, a cargo da Concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio.
  5. Coral ‘Sonidos de amor’ (ACSM).
  6. Saúdo do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
  7. Musicoterapia (Asociación Vida Activa).
  8. Baile (Asociación Vida Activa).

Esta iniciativa forma parte dunhas xornadas informativas sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, que teñen como finalidade o reforzar as actuacións dirixidas a colectivos vulnerables e fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais.

No mesmo programa inclúense as I Xornadas de Teatro e Diversidade, que se desenvolverán no Café Teatro do Pazo, nas seguintes datas:

  • día 9 de xaneiro ás 18:30 horas: ASCM;
  • día 16 de xaneiro ás 18:30 horas: Asociación Vida Activa;
  • día 30 de xaneiro ás 18:30 horas: Chamorro e Diversidade Funcional.