A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, acaba de abrir o prazo de inscrición para o Obradoiro de Cociña Saudable, dirixido a homes a partir de 18 anos de idade.

Os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, a realizar a limpeza doméstica e a organizar a compra, así como técnicas e preparación de alimentos.

Os obradoiros realizaranse nos centros comunitarios de Casas da Mariña (Santa Icía) e Manuela Pérez Sequeiros (O Alto) e terán unha duración de 25 horas divididas en seis xornadas (os venres e sábados de 16:30 a 20:30 horas).

As solicitudes deberán presentarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (situado na 1ª pranta do Concello), e existen 24 prazas disponibles.O obradoiro ten carácter gratuito.

Os obxectivos principais deste taller dirixido a homes son os seguintes:

  • Aprender diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña
  • Compartir espazo e tempo por parte de diferentes xeracións
  • Promover que o ámbito comunitario do Concello sexa un espazo realmente corresponsable.