Acto celebrado hoxe ás portas do Concello de Narón, no que se gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos dous últimos casos de violencia de xénero acontecidos esta semana

Concentración Silenciosa celebrada hoxe ás portas do Concello de Narón, na que se gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos dous últimos casos de violencia de xénero acontecidos esta semana, que tiveron como consecuencia o asesinato de dúas mulleres presuntamente a mans das súas parellas.

Asistiron veciños/as, funcionarios e persoal ós servizo do Concello e membros da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio.